RESTAURANTE MONTERO

Restaurantes - 4ª Categoría - 1 Garfo
1688
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Goiriz (Santiago)

Lugar: A Casilla 12

Vilalba - Lugo

Coordenadas:
43º 18' 39.4" N - 7º 38' 56.0" W

Descrición

RESTAURANTE MONTERO é un restaurante de comida tradicional. Nel poderá saborear a comida típica galega, rexional e local: peixes do día, mariscos e carnes de cabana... etc así como tamén elaboracións co noso recoñecido e premiado queixo DO San Simón da Costa.

Tamén poderá degustar o típico Capón de Vilalba ( en decembro).


Contamos co recoñecemento da Q de Calidade, o que avala e certifica a calidade da nosa materia prima e a elaboración da mesma.

Local cardioprotexido, contamos con desfibrilador DESA.


Dispoñemos de amplios salóns adaptados a persoas con mobilidade reducida, para a celebración de eventos (vodas, comunións, reunións de empresa, conferencias...etc) así como tamén un amplo aparcadoiro e unha zoa axardiñada con parque infantil para o desfrute dos máis pequenos da casa.


Ofrecemos servizo de carta e menú do día ( varía a diario) e menú especial de fin de semana, e tamén menú vexetariano e vegano.

Servizo de cafetería diario (agás os martes, que pechamos por descanso) e ampla terraza no verán en zoa axardiñada.


Debido á situación sanitaria que estamos a vivir a nivel mundial debido a COVID19, o noso establecemento conta con tódalas medidas hixiénico sanitarias ( distancia entre mesas, aforo, xeles hidroalcólicos, pediluvios, rexistros de trazabilidade e de disinfección de zonas comúns...etc) recomendadas polo Ministerio de Sanidade e pola Xunta de Galicia.

Camiños de Santiago

Camiño do Norte
Arriba