PR-G 158 RUTA DA COSTA DA MORTE

Sendeirismo
1473

Localización

Camariñas - A Coruña

Coordenadas:
43º 07' 27.7" N - 9º 11' 02.1" W

Descrición

No corazón da Costa da Morte atópase unha das paisaxes máis privilexiadas da costa galega que podemos percorrer grazas ao sendeiro PR-G 158.
   
Na primeira metade do percorrido pasaremos por praias, enseadas e acantilados contemplando a bravura do océano. A segunda discorre pola montaña e gozaremos da serenidade das vistas da Ría de Camariñas.
   
O camiño costeiro vai sempre rozando o mar, as veces tan próximo que as olas parecen alcanzarnos. O repertorio de vistas panorámicas é constante, a só dous quilómetros do inicio, tomando a derivación á ermida da Virxe do Monte, temos a primeira: a Ría de Camariñas e o Cabo Vilán. O pintoresco contorno do cabo poderemos velo dende diferentes perspectivas durante varios quilómetros.
   
A partir do Cemiterio dos Ingleses, onde descansan os náufragos do buque británico Serpent, o sendeiro pasa da costa ao interior. Nesta parte do percorrido chaman a atención as singulares formacións rochosas nas que atoparemos curiosas similitudes. Na parte máis elevada da ruta, dende o miradoiro do Monte das Seixas veremos, cun só xiro de cabeza, unha magnífica estampa da desembocadura do río Grande, da Ría de Camariñas e do Cabo Vilán.
   
Chegando a Camariñas atravesaremos terras cultivadas e pequenas aldeas nas que destacan os particulares hórreos desta zona. Rodearemos Camariñas polo oeste camiñando por antigas e estreitas corredoiras ata regresar ás ruínas do Castelo do Soberano.

Acceso

Ao chegar a Camariñas hai que atravesar o pobo, bordeando o mar ata as ruínas do Castelo do Soberano. Neste punto atópase o inicio do sendeiro.

Lonxitude

(A ruta principal mide 21,7 Km e a derivación de ida e volta 700 m).

Punto de partida/chegada

Ruínas do Castelo do Soberano (Concello de Camariñas).

Percorrido

Ruínas do Castelo do Soberano, Praia de Lago, Ermida de Nosa Sra. do Monte, Foxo do Lobo, Cemiterio dos Ingleses, Portela de Reira, Miradoiro do Monte das Seixas, Lugar de Mourín, Ruínas do Castelo do Soberano.

Dificultade

Media - Alta

Duración

7 horas.

M.I.D.E.

Esforzo M.I.D.E.:
Itinerario M.I.D.E.:
Desplazamento M.I.D.E.:
Medio M.I.D.E.:

Acceso en bicicleta

Apto totalmente

Acceso a cabalo

Apto totalmente

Cartografía I.G.N. (1:25:000)

189-I Torbeo, 189- II Quiroga, 189-III Castro Caldelas.

Máis información

Concello de Camariñas
Tel.: 981 737 004
correo@camarinas.dicoruna.es
www.camarinas.net

Perfil altitudinal

Altura mínima sobre o nivel do mar: 3 m.
Altura máxima sobre o nivel do mar: 132 m.
Desnivel acumulado baixando: 542 m.
Desnivel acumulado subindo: 542 m.
Perfil de elevación do sendeiro

Tipo de percorrido

Pequeno percorrido

Interese

Interese histórico
Interese naturalista
Interese paisaxístico

Plano

Data de recollida inicial: 01/08/2019
Arriba
Axúdanos a mellorar!