ÁREA DE MONDARIZ

Áreas de Autocaravanas
1630

Localización

Parroquia: Mondariz (Santa Baia)

Rúa: Área recreativa da Praia do Val (Mondariz) s/n

36870  Mondariz - Pontevedra

Coordenadas:
42º 14' 14.3" N - 8º 27' 33.3" W

Descrición

Área de servizo municipal, cunha gran chaira para  estacionar, tamén hai unha zona de aparcadoiro nas inmediacións do a praia fluvial onde hai multitude de mesas, grelladas, pistas de tenis etc.etc.
Está situada a 1.200 m. do centro urbano, nas inmediacións da área hai un restaurante e na área recreativa tamén hai un chiringuito.
Mondariz está situado no precioso val que forma o rio Tea, na comarca do Condado, con grandes vestixios arqueolóxicos, monumentos, praias fluviais e con interesantes rutas de sendeirismo, concretamente desde a área recreativa pasa unha senda fluvial.
Gasolineira a 1,6 km.

Acceso

Ao entrar en Mondariz, seguimos as indicacións cara á área de autocaravanas.

Clasificación

Áreas públicas

Servizos de Autocaravanas

Área gratuita
Auga potable
Posibilidade de pernocta
Vaciado de augas negras
Zona de picnic
Zona de xogos para nenos
Arriba