ÁREA DE PONTECESO

Áreas de Autocaravanas
1501

Localización

Parroquia: Tella (Santo Eleuterio)

Lugar: A Trabe

Avenida de Bergantiños 17

15110  Ponteceso - A Coruña

Coordenadas:
43º 14' 46.5" N - 8º 53' 29.6" W

Descrición

Área de Servizo municipal, sen prazas específicas de aparcadoiro para autocaravanas. Situada diante da Casa da Cultura onde se atopa a Oficina de Turismo e o Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA).  A 300m. hai unha gasolineira. No centro da vila que se atopa a 500m. da área, no  paseo fluvial, pódese estacionar sen molestar, con supermercados, cafeterías, restaurantes etc. 

Ponteceso forma parte da comarca de Bergantiños. Ademais do gran valor paisaxístico que se lle outorga a este municipio destacando: a enseada de Insua na desembocadura do río Anllons, as súas preciosas praias como Balarés, Niñons, Osmo, Ermida, etc. e as áreas recreativas ao longo do río Anllóns tamén destaca o Porto de Corme, o Faro do Roncudo, os miradoiros de Monte do Faro e de Monte Branco, casa natal de Eduardo Pondal, o Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA), etc.

Acceso

Se vimos polo norte, entramos en Ponteceso pola AC-419 atopándonos a área á dereita. Se vimos polo sur despois de cruzar a ponte entramos en Ponteceso pola Av. Eduardo Pondal, continuamos 500 m. pola Av. De Bergantiños atopando a área á esquerda.

Clasificación

Áreas públicas

Servizos de Autocaravanas

Área gratuita
Auga potable
Posibilidade de pernocta
Vaciado de augas grises
Vaciado de augas negras
Arriba