MIRADOIRO DO ÉZARO

Áreas de recreo e miradoiros
5981
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: O Ézaro (Santa Uxía)

Lugar: O Ézaro

15297  Dumbría - A Coruña

Coordenadas:
42º 55' 01.7" N - 9º 06' 58.2" W

Descrición

A desembocadura do río Xallas, as ladeiras do monte Pindo, a enseada do Ézaro e os luscofuscos co cabo Fisterra ao fondo. Todo isto ofrece este incomparable miradoiro localizado nun saínte rochoso que fai as veces de balcón natural, moi próximo á fervenza do Xallas, onde o río se precipita ao mar nun caso insólito a nivel europeo.

A estrada de ascenso supera fortes desniveis, pero o premio da chegada ao miradoiro compensa a subida: a amplitude de vistas sobre o océano Atlántico, o impoñente perfil do granítico monte Pindo caendo cara ao mar, as pequenas illas Lobeiras e a inconfundible figura do cabo Fisterra ao lonxe conforman un punto de observación magnífico.

Camiños de Santiago

Camiño de Fisterra-Muxía
Arriba