O SEMÁFORO DE BARES

Áreas de recreo e miradoiros
2673

Localización

Parroquia: Bares (Santa María)

Lugar: Semáforo de Bares

15339  Mañón - A Coruña

Coordenadas:
43º 46' 40.2" N - 7º 40' 07.9" W

Descrición

Vixiante na entrada da acolledora ría do Barqueiro, o Semáforo de Bares é un deses vellos postos de alerta que se situaban ao longo da costa galega.

Antigo edificio militar, a súa función repartíase entre a vixilancia de barcos e unha base de comunicacións e recollida de datos meteorolóxicos, aproveitando a elevación a máis de 200 metros de altitude sobre o mar Cantábrico, que neste punto comeza a mostrarse con forza.

As vistas sobre a vila de Bares e o seu porto e a illa Coelleira ofrecen unha completa perspectiva deste tramo costeiro de alto valor ambiental e paisaxístico.

Accesibilidade

Peonil e/ou en coche.
Si se vai en autobús, é convinte  deixalo abaixo na Vila ou no Faro.
Arriba