FARO DE AVIÓN

Áreas de recreo e miradoiros
1718

Localización

Parroquia: Maceira (San Salvador)

Lugar: Portoparada

36873  Covelo - Pontevedra

Coordenadas:
42º 18' 08.7" N - 8º 16' 06.0" W

Descrición

Os 1151 metros do Faro de Avión supoñen o punto máis alto da provincia de Pontevedra. Localizase no límite provincial con Ourense, no sector meridional da Dorsal Galega, conxunto de serras que atravesa o centro de Galicia con disposición norte-sur.

Dende o miradoiro, o val do Tea contémplase amplo. Numerosos ríos baixan destas serras sendo o Deva e o Tea os máis relevantes. Mostra tamén boas vistas da serra do Suído, continuación natural da serra do Faro de Avión e hábitat común para moitas especies animais.
Destaca a diversidade da vexetación segundo a altitude, con prados e cultivos nos vales, fragas e bosquetes nas ladeiras e matogueiras e rochedos nas zonas de cumio.
Arriba
Axúdanos a mellorar!