SANTA TREGA

Áreas de recreo e miradoiros
2793
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: A Guarda (Santa María)

Lugar: Santa Trega

36780  A Guarda - Pontevedra

Coordenadas:
41º 53' 19.3" N - 8º 52' 15.5" W

Descrición

Santa Trega é un dos lugares máis coñecidos de Galicia. Monte mítico do litoral galego e miradoiro espectacular que permite vistas de 360 grados sobre a desembocadura do río Miño e as costas de Galicia e Portugal, sendo lugar estratéxico para a vixilancia entre os dous países.

Localizado xusto no extremo suroeste de Galicia, o monte de Santa Trega goza dunha espectacular contorna paisaxística e conta con diversos elementos de alto interese patrimonial como o castro, os petróglifos ou a ermida do século XII.

A inmensidade do océano Atlántico contrasta co recollemento do val do río Miño, sendo moi recomendable a contemplación de ambos no momento da posta do sol, auténtico espectáculo de luz e cores.

Camiños de Santiago

Camiño Portugués da costa
Arriba