MIRADOIRO DA CRUZ DE LOBEIRA

Áreas de recreo e miradoiros
2368
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: András (San Lourenzo)

36619  Vilanova de Arousa - Pontevedra

Coordenadas:
42º 33' 50.6" N - 8º 45' 43.1" W

Descrición

A ría de Arousa é un verxel entre o conxunto das rías galegas. Considerado como un dos espazos mariños máis produtivos do mundo, a calidade das súas augas, a súa temperatura ou as súas correntes fan deste espazo un lugar único.

O miradoiro da Cruz de Lobeira goza de vistas sobre a ría e a illa de Arousa cara ao oeste, coa serra do Barbanza ao fondo. Pola outra banda, no leste, a paisaxe do interior da provincia de Pontevedra e, cara ao sur, a península do Salnés e a illa de Ons, pertencente ao Parque Nacional das Illas Atlánticas.

O monte Lobeira conta con outro espazo habilitado como miradoiro, pero é dende a Cruz de Lobeira onde se atopan as vistas máis espectaculares, nun lugar de antiga ocupación como testemuña a presenza castrexa e de mámoas, entre outros.

Camiños de Santiago

Ruta do Mar de Arousa e Ulla
Arriba
Axúdanos a mellorar!