SERRA DO CANDÁN

Espazos naturais
2194
No Camiño de Santiago

Localización

Pontevedra

Forcarei | Lalín | Silleda

Ourense

Beariz | Boborás | O Irixo

Coordenadas:
42º 34' 28.9" N - 8º 14' 05.0" W

Descrición

A comarca denominada significativamente Terra de Montes está formada por paisaxes de media montaña entre as que O Candán é unha das súas serras máis extensas. A altura máxima do espazo apenas toca osmilmetros, pero a súa media altitudinal é suficiente para lle imprimir unha singular personalidade entre as elevacións da Dorsal Galega.
Aquí teñen o seu nacemento os ríos Lérez, Umia e varios tributarios do Deza. Os cumes están dominados pola vexetación dasmatogueiras e agrestes afloramentos rochosos. Son espazos de horizontes abertos con escasos núcleos de poboación, con boas mostras da arquitectura popular e patrimonio artístico como o mosteiro de Aciveiro, reconvertido en Hotel Monumento.

Acceso

Desvío na estrada N-541Ourense- Pontevedra. Acceso polo norte desde Silleda.

Camiños de Santiago

Camiño de Inverno
Vía da Prata

Situación

Concellos pontevedreses de Forcarei, Lalín, Silleda; e ourensáns de Beariz, Boborás e O Irixo.

Superficie

10.683,18 ha.
Natureza Espazos naturais ZEC - Rede natura 2000
Arriba
Axúdanos a mellorar!