MIRADOIRO DE SOUTO CHAO

Áreas de recreo e miradoiros
1343
Calidade Turística

Localización

Parroquia: Doade (San Martiño)

Lugar: Doade

27424  Sober - Lugo

Coordenadas:
42º 24' 26.9" N - 7º 28' 18.6" W

Descrición

Miradoiro situado no corazón dos viñedos de Doade (Sober), na  estrada que une as localidades de Doade (Lugo) e Castro Caldelas (Ourense). O miradoiro, está acondicionado con aparcamento e  tamén é coñecido como o miradoiro do vendimiador.
Este nome débese a que conta cunha gran escultura de granito que representa un “carreteiro” levando sobre a cabeza unha cesta cargada de uvas. O monumento representa o esforzo da viticultura heroica para a obtención dos afamados caldos. 
Actualmente vemos que nas vertixinosas ladeiras instaláronse uns raíles que facilitan algo os traballos do cultivo e vendima da uva. Veremos unha das paisaxes máis peculiares de Galicia, coas viñas ocupando as ladeiras de gran pendente e chegando ata o río, no medio dos viñedos veremos pequenas construcións que gardan os utensilios de labranza e que antigamente eran as adegas ou lagares. O lugar é fermoso todo o ano, pero especialmente recomendable durante o outono, estación na que a policromía das follas da vide crean unha paisaxe especialmente fermosa.
Moi preto observaremos un pico rochoso no que sobresae o último dos miradoiros de Sober o de Pena do Castelo.
Arriba