BRAÑAS DE XESTOSO

Espazos naturais
2475
No Camiño de Santiago

Localización

Pontevedra

A Estrada | Forcarei | Silleda

Coordenadas:
42º 41' 06.8" N - 8º 20' 20.7" W

Descrición

Os montes que separan as comarcas de Tabeirós e Deza culminan en amplas chairas que historicamente permanecían enchoupadas durante todo o ano. Nestes terreos húmidos que caracterizan as brañas conserváronse pequenas áreas de turbeiras e zonas asolagadas polas chuvias. A máis significativa é a Lagoa Sacra de Olives, formada nunha pequena depresión do terreo a uns 650 metros de altitude e que só adoita secar na época estival.
Resultanmoi curiosos os valados de pedra que rodean o espazo inundable. Segundo a lenda, a lagoa foi amurada para evitar a profanación dos cadáveres arroxados á auga tras unha batalla da antigüidade xa esquecida.

Acceso

A N-640 entre A Estrada e A Bandeira (Silleda) percorre o límite norte do espazo con desvío cara Curantes e Olives. Tamén pola estrada Silleda- Forcarei, desvío cara Xestoso.

Camiños de Santiago

Camiño de Inverno
Vía da Prata

Situación

Entre os límites dos concellos da Estrada, Forcarei e Silleda (Pontevedra).

Superficie

1.080,12 ha.
Natureza Espazos naturais ZEC - Rede natura 2000
Arriba
Axúdanos a mellorar!