MONTE FARO

Espazos naturais
2039
No Camiño de Santiago

Localización

Pontevedra

Rodeiro

Lugo

Carballedo | Chantada

Coordenadas:
42º 37' 57.7" N - 7º 53' 25.8" W

Descrición

A ermida e área recreativa do Monte Faro (1.187 m.) coroa o cume desde o que se dominan amplas vistas das catro provincias galegas. Os altos desta serra son suaves, lixeiramente achairados, e pola súa situación na Dorsal Galega reciben abundantes precipitacións, con anos de nevaradas.
Nas abas as formacións boscosas autóctonas adquiren relevancia na paisaxe, tradicionalmente moldeada pola actividade agrogandeira. Consérvanse entre as terras de labor boas mostras de carballeiras, con exemplares de gran porte nalgunhas zonas.

Acceso

A vila de Chantada atópase na estrada N-540 (Lugo-Ourense) e desde aquí cruza a parte norte da serra a CG 2.1 Monforte de Lemos-Lalín.

Camiños de Santiago

Camiño de Inverno

Situación

Límite provincial de Pontevedra e Lugo, nos concellos de Carballedo, Chantada e Rodeiro.

Superficie

3.002,29 ha.

Servizos

Aloxamento e comer nas proximidades.
Natureza Espazos naturais ZEC - Rede natura 2000
Arriba
Axúdanos a mellorar!