MIRADOIRO DA COVA

Áreas de recreo e miradoiros
3124
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: A Cova (San Martiño)

Lugar: Soane

27532  O Saviñao - Lugo

Coordenadas:
42º 33' 55.7" N - 7º 40' 31.5" W

Descrición

A Cova ten sona pola súa agarimosa praia fluvial, bañada polas augas do río Miño, e pola coidada igrexa románica de San Martiño, do século XII. Pero A Cova agocha outro punto de grande interese. Ladeira arriba, entre vides, o lugar de Cuñas goza dunhas extraordinarias vistas do río e do seu máis famoso meandro: o Cabo do Mundo.

O miradoiro da Cova mestúrase coas cores dos viñedos e cos bancais, ofrecendo unha formidable perspectiva do monte do Navallo, rodeado polo río Miño que voltea ao seu redor e confi­gura unha singular morfoloxía que recorda á dun cabo mariño.

Camiños de Santiago

Camiño de Inverno
Arriba