RÍO TAMBRE

Espazos naturais
3400
No Camiño de Santiago

Localización

A Coruña

Frades | Mesía | O Pino | Ordes | Oroso | Santiago de Compostela | Tordoia | Trazo

Coordenadas:
42º 58' 47.6" N - 8º 27' 56.0" W

Descrición

Atravesa nos seus 125 km de lonxitude as comarcas centrais de Galicia, na súa cunca media, anterior ao paso polo concello de Santiago de Compostela, vertebra unha rede fluvial de pequenos cauces.
Os seus bosques de galería dan vida a unhas fermosas paisaxes das ribeiras. Unha das formas de achegamento son as Áreas Recreativas á beira do río. Por exemplo, no concello de Oroso, partindo de Sigüeiro: a Illa do Refuxio; Penateixa; Ponte Arderiz na confluencia co río Samo; e Cachopal, co río Maruzo. O acolledor núcleo da Ponte Maceira, no Camiño de Fisterra-Muxía, é un dos mellores puntos para achegarse a desfrutar do río.

Acceso

A estrada N-550 no treito entre Ordes e Santiago de Compostela, permite achegarse por medio de múltiples desvíos á conca media do Tambre.

Camiños de Santiago

Camiño de Fisterra-Muxía
Camiño de Inverno
Camiño do Norte
Camiño Francés
Camiño Inglés
Camiño Portugués
Camiño Portugués da costa
Camiño Primitivo
Ruta do Mar de Arousa e Ulla
Vía da Prata

Situación

Na zona central da provincia da Coruña. Concellos de Tordoia, Ordes, Mesía, Trazo, Oroso, Frades, Santiago de Compostela e O Pino.

Superficie

151,70 ha.

Servizos

Aloxamento e comida nas localidades de referencia.
Natureza Espazos naturais ZEC - Rede natura 2000
Arriba