COSTA DE DEXO

Espazos naturais
8294

Localización

Oleiros - A Coruña

Coordenadas:
43º 24' 05.1" N - 8º 19' 28.0" W

Descrición

Amar A Marola
O faro deMera constitúe un balcón privilexiado para observar o horizonte atlántico ao que asoman as bocanas de tres rías. A da Coruña, co perfil da cidade tras o mascarón de proa da Torre de Hércules; á de Betanzos e Ares, que agocha unha costa doce no corazón das Mariñas; e, medio camuflada nos cantís, a ría de Ferrol (ver LIC Costa Ártabra). Esta é a paisaxe que ten en primeiro termo a punta do Seixo Branco, coa súa vertical veta competindo en albura coa escuma mariña, e a illa da Marola. Practicamente inaccesible como outros illotes achegados á costa, é un enclave importante para aves.
A antiga casa do fareiro converteuse nunha Aula do Mar desde a que os visitantes poden coñecer os ecosistemas e planificar itinerarios. A costa é como unha serra de entrantes e saíntes con espazo para algunha praia como a de Canabal ou o portiño de Dexo.
“Quen cruza a Marola, cruza a mar toda” di a cantiga popular desta ruta marítima cuxos ventos e correntes provocaban como mínimo non poucos mareos.

Acceso

Desde A Coruña, á saída da Ponte Pasaxe cara a Santa Cruz-praias. En Mera, desvío ao faro, ou continuar ata o porto de Lorbé.

Situación

Concello de Oleiros, preto da cidade da Coruña.

Superficie

Monumento Natural 266 ha. LIC 349,96 ha.

Servizos

Aloxamento: en Mera.
Comer: nas proximidades.

Información e equipamentos

CEIDA (Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia)
Teléfono: +34 981 630 618
Enderezo: Castelo de Santa Cruz, Liáns
Aula del Mar: Centro de Recepción de Visitantes del Monumento Natural Costa de Dexo-Serante
Teléfono: +34 981 630 618
Enderezo: Casa doFareiro (Mera)
Fax: +34 981 614 443
Arriba
Axúdanos a mellorar!