SOUTO DA RETORTA

Espazos naturais
3347

Localización

Parroquia: Chavín (Santa María)

Viveiro - Lugo

Coordenadas:
43º 36' 57.9" N - 7º 35' 42.1" W

Descrición

O avoengo dos eucaliptos
O Avó de Chavín poida que sexa a árbore máis alta de España e unha das de maior envergadura de Europa, pero sen dúbida é o eucalipto máis grande de Galicia.
Na súa declaración oficial como Monumento Natural,xunto con outros 600 exemplares do Souto da Retorta tamén de grandes dimensións, calcúlanselle 61,78 metros de altura e 7,55 de perímetro. Outras medicións elévano por riba dos oitenta metros. Os eucaliptos centenarios de Chavín foron plantados a partir de 1860 para drenar os terreos baixos como protección contra as enchentes. As ribeiras do río Landro forman parte da historia natural da comunidade, onde seguindo con datos oficiais preto da metade da súa superficie total está arborada. O espazo limítase ademais por varias canles históricas como a da antiga fábrica da luz de Chavín. A rede fluvial do Landro conserva tamén á súa beira mostras de vexetación autóctona, por exemplo a área boscosa chamada Val do Naseiro, e lugares de interese como a fervenza do Pozo da Ferida (río Loureiro) cun desnivel de trinta metros de altura.

Acceso

A seis quilómetros de Viveiro pola estrada cara a Mondoñedo (LU-540) e desvío a Chavín (LU-161).

Situación

Na parroquia de Chavín, concello de Viveiro (Lugo).

Superficie

3,19 ha.

Servizos

Aloxamento e comida nos arredores e en Viveiro.
Arriba