NEGUEIRA

Espazos naturais
458

Localización

Negueira de Muñiz - Lugo

Coordenadas:
43º 08' 29.6" N - 6º 52' 05.5" W

Descrición

A construción do encoro de Salime nos anos sesenta do pasado século dividiu de norte a sur o concello de Negueira de Muñiz, o cal aumentou o illamento da beira dereita e provocou un forte movemento migratorio. O municipio que leva o apelido do promotor da súa independencia administrativa como concello é na actualidade o menos poboado de Galicia pois non acada os trescentos habitantes.
Unha historia recente complicada ao igual que o territorio que presenta un relevo moi accidentado e cheo de fermosos contrastes naturais. Achamos frondosas manchas vexetais dominadas polos carballos, pero alí onde o val suaviza o clima de montaña permite a existencia de especies como as sobreiras e mesmo viñedos.

Acceso

Desde a estrada da Fonsagrada- Oviedo, desvío antes do porto do Acebo.

Situación

Concello de Negueira de Muñiz, extremo oriental da provincia de Lugo limítrofe con Asturias.

Superficie

4.511,88 ha.

Servizos

Aloxamento e comida: turismo rural.
Natureza Espazos naturais ZEC - Rede natura 2000
Arriba