PENA MASEIRA

Espazos naturais
522
No Camiño de Santiago

Localización

Coordenadas:
41º 58' 25.2" N - 7º 00' 50.0" W

Descrición

Este lugar oriéntase na liña do corredor verde desexable entre o Macizo Central ourensán e o grande Parque Natural portugués de Montesinho, que abrangue toda a raia lusitana desde Zamora ata Ourense. Na parte galega comprende a serra da Esculqueira (1.149 m) e o sonoro Penedo dos Tres Reinos (1.004m), punto de unión da tripla fronteira histórica dos reinosmedievais de Portugal, Galicia e León.
Teñen merecida sona as amplas masas de cas;ñeiros que se forman nesta comarca de media montaña. Nos altos predomina o monte baixo que acolle poboacións estables de lobo e corzo.

Acceso

Na autovía das Rías Baixas A-55 ou na nacional N-525, saída cara á Mezquita con desvío pola estrada provincial OU-311.

Camiños de Santiago

Vía da Prata

Situación

Limítrofe con Portugal e asemade coa provincia de Zamora. Concellos da Gudiña e A Mezquita (Ourense).

Superficie

5.853,81 ha.

Servizos

Nas localidades de referencia.
Natureza Espazos naturais ZEC - Rede natura 2000
Arriba