Camiño de Santiago
Natureza
Cultura e Patrimonio
Mar e Costa
Rutas
Gastronomía
Turismo de Saúde
Promocións para disfrutar agora
Axenda cultural
Vai pasar... Ver todos
mailto:?subject=Envio de contido de Turismo de Galicia: PR-G 174 RUTA DE COTO DA CRUZ&body=Recoméndoche que leas a información PR-G 174 RUTA DE COTO DA CRUZ extraída do portal de Turismo de Galicia na páxina https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/170511000093/pr-g-174-ruta-de-coto-da-cruz?ctre=23%26langId=gl_ES%26tp=6
No municipio de Crecente, nas montañas que forman o leito do río Miño, atópase a aldea do Freixo. Dende aquí parte un sendeiro circular que nos levará ata o alto de Coto da Cruz.
O sendeiro comeza sendo esixente, zigzagueando polos carreiros que se abren paso entre as casas e os viñedos. Regulando as forzas chegaremos ata o Lugar da Granxa, unha pequena aldea onde os veciños se enfrontaron heroicamente contra os franceses na Guerra da Independencia obrigando ao repregamento das tropas invasoras.
Continuamos a ascensión entre magníficos exemplares de sobreiras. Ao chegar á cima, o esforzo verase recompensado coa fabulosa panorámica que nos ofrece o miradoiro de Coto da Cruz, con Portugal á fronte e o río Miño mediando na fronteira.
Dende aquí o sendeiro descende pasando pola capela da Virxe do Camiño e, un pouco máis abaixo, pola do Cristo dos Aflixidos; a vía intérnase no bosque ata chegar de novo á praza de inicio.
Este portal utiliza cookies propias de tipo técnico e de terceiros para mellorar, mediante a análise da navegación, o servizo ofrecido. As cookies non se utilizan para recoller datos persoais. Coñeza como as usamos e de que maneira pode cambiar a súa configuración
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.