PR-G 174 RUTA DE COTO DA CRUZ

Sendeirismo
1268

Localización

Crecente - Pontevedra

Coordenadas:
42º 09' 35.9" N - 8º 11' 56.9" W

Descrición

No municipio de Crecente, nas montañas que forman o leito do río Miño, atópase a aldea do Freixo. Dende aquí parte un sendeiro circular que nos levará ata o alto de Coto da Cruz.

O sendeiro comeza sendo esixente, zigzagueando polos carreiros que se abren paso entre as casas e os viñedos. Regulando as forzas chegaremos ata o Lugar da Granxa, unha pequena aldea onde os veciños se enfrontaron heroicamente contra os franceses na Guerra da Independencia obrigando ao repregamento das tropas invasoras.

Continuamos a ascensión entre magníficos exemplares de sobreiras. Ao chegar á cima, o esforzo verase recompensado coa fabulosa panorámica que nos ofrece o miradoiro de Coto da Cruz, con Portugal á fronte e o río Miño mediando na fronteira.

Dende aquí o sendeiro descende pasando pola capela da Virxe do Camiño e, un pouco máis abaixo, pola do Cristo dos Aflixidos; a vía intérnase no bosque ata chegar de novo á praza de inicio.

Acceso

No sur de Galicia, moi próximo aos límites entre as provincias de Ourense, Pontevedra e Portugal. Seguindo a PO-400, na parroquia do Freixo, desviarse cara á igrexa parroquial na aldea do mesmo nome. O inicio da senda atópase nunha praza a 30 m da igrexa.

Lonxitude

7 km.

Punto de partida/chegada

Igrexa parroquial do Freixo (Concello de Crecente) - UTM 29T X:566159 Y:4667850

Percorrido

O Freixo, Mollapán, Muíño dos Tarendos, Lugar da Granxa, Miradoiro do Coto da Cruz, Capela da Virxe do Camiño, Capela do Cristo dos Aflixidos, Poza da Aradela, O Freixo.

Dificultade

Media - Baixa

Duración

2 horas e 40 minutos.

M.I.D.E.

Esforzo M.I.D.E.:
Itinerario M.I.D.E.:
Desplazamento M.I.D.E.:
Medio M.I.D.E.:

Acceso en bicicleta

Non apto

Acceso a cabalo

Non apto

Cartografía I.G.N. (1:25:000)

224-IV A Cañiza e 262-II Arbo.

Máis información

Concello de Crecente
Tel.: 986 666 300
info@crecente.es
www.crecente.es

Comunidade de Montes Veciñais en Man Común do Freixo
Tel.: 630 586 637
www.rutadocotodacruz.com

Tipo de percorrido

Pequeno percorrido

Interese

Interese histórico
Interese naturalista
Interese paisaxístico

Plano

Data de recollida inicial: 01/08/2019
Arriba
Axúdanos a mellorar!