Camiño de Santiago
Natureza
Cultura e Patrimonio
Mar e Costa
Rutas
Gastronomía
Turismo de Saúde
Promocións para disfrutar agora
Axenda cultural
Vai pasar... Ver todos
mailto:?subject=Envio de contido de Turismo de Galicia: PR-G 173 RUTA DO RÍO UMIA&body=Recoméndoche que leas a información PR-G 173 RUTA DO RÍO UMIA extraída do portal de Turismo de Galicia na páxina https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/170512000101/pr-g-173-ruta-do-rio-umia?langId=gl_ES%26tp=6%26ctre=23
A senda percorre o río Umía dende os arredores do Pazo de Barrantes ata a histórica ponte de Ponte Arnelas, por un percorrido completamente chan que nos fará gozar dunha agradable camiñada.
Seguiremos a fértil conca do río Umia, cruzando o río en varias ocasións: na ponte de Cabanelas, na de Santa Marta e, finalmente, en Ponte Arnelas. Internarémonos nos viñedos da D.O. vitivinícola Rías Baixas cultivados en parras que forman bonitas perspectivas. O suave e acondicionado sendeiro ofrece varios lugares onde descansar e contemplar os remansos do río.
Ponte Arnelas é o punto culminante do percorrido, a ponte que lle dá nome foi reconstruída en 1598 por Felipe II, como reza una inscrición, pola importancia deste enclave como vía de comunicación para o tránsito de mercancías da costa ao interior.
Este portal utiliza cookies propias de tipo técnico e de terceiros para mellorar, mediante a análise da navegación, o servizo ofrecido. As cookies non se utilizan para recoller datos persoais. Coñeza como as usamos e de que maneira pode cambiar a súa configuración
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.