PR-G 173 RUTA DO RÍO UMIA

Sendeirismo
1894
No Camiño de Santiago

Localización

Ribadumia - Pontevedra

Coordenadas:
42º 30' 07.4" N - 8º 46' 36.7" W
42º 32' 03.9" N - 8º 45' 23.2" W

Descrición

A senda percorre o río Umía dende os arredores do Pazo de Barrantes ata a histórica ponte de Ponte Arnelas, por un percorrido completamente chan que nos fará gozar dunha agradable camiñada.

Seguiremos a fértil conca do río Umia, cruzando o río en varias ocasións: na ponte de Cabanelas, na de Santa Marta e, finalmente, en Ponte Arnelas. Internarémonos nos viñedos da D.O. vitivinícola Rías Baixas cultivados en parras que forman bonitas perspectivas. O suave e acondicionado sendeiro ofrece varios lugares onde descansar e contemplar os remansos do río.

Ponte Arnelas é o punto culminante do percorrido, a ponte que lle dá nome foi reconstruída en 1598 por Felipe II, como reza una inscrición, pola importancia deste enclave como vía de comunicación para o tránsito de mercancías da costa ao interior.

Acceso

En Barrantes, entre Cambados e a AG-4.1, no punto no que a estrada EP-9506 cruza o río Umia. Descender pola explanada lateral ata a beira do río.

Camiños de Santiago

Ruta do Mar de Arousa e Ulla

Lonxitude

5,5 km.

Punto de partida/chegada

Punto de chegada: Ponte Arnelas (Concello de Ribadumia) - UTM 29T X:520335 Y:4709268
Punto de partida: Ponte sobre o río Umia - UTM 29T X:518335 Y:4705545

Percorrido

Ponte de Barrantes, Ponte de Cabanelas, Ponte de Santa Marta, Ponte Arnelas.

Dificultade

Baixa

Duración

1 hora e media.

M.I.D.E.

Esforzo M.I.D.E.:
Itinerario M.I.D.E.:
Desplazamento M.I.D.E.:
Medio M.I.D.E.:

Acceso en bicicleta

Apto totalmente

Acceso a cabalo

Apto totalmente

Cartografía I.G.N. (1:25:000)

152-III Cambados.

Máis información

Concello de Meis
Tel.: 986 712 001
correo@meis.gal
www.meis.gal

Deputación de Pontevedra
Tel.: 986 804 100
www.depo.gal

Perfil altitudinal

Altura mínima sobre o nivel do mar: 0 m.
Altura máxima sobre o nivel do mar: 15 m.
Desnivel acumulado baixando: 15 m.
Desnivel acumulado subindo: 15 m.
Perfil de elevación do sendeiro

Tipo de percorrido

Pequeno percorrido

Interese

Interese naturalista
Interese paisaxístico

Plano

Data de recollida inicial: 01/08/2019
Arriba
Axúdanos a mellorar!