Camiño de Santiago
Natureza
Cultura e Patrimonio
Mar e Costa
Rutas
Gastronomía
Turismo de Saúde
Promocións para disfrutar agora
Axenda cultural
Vai pasar... Ver todos
mailto:?subject=Envio de contido de Turismo de Galicia: PR-G 171 RUTA DO RÍO SAN MARTIÑO&body=Recoméndoche que leas a información PR-G 171 RUTA DO RÍO SAN MARTIÑO extraída do portal de Turismo de Galicia na páxina https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/170512000119/pr-g-171-ruta-do-rio-san-martino?ctre=23%26langId=gl_ES%26tp=6
Sendeiro da rede de Rutas do Salnés que comparte algúns tramos coa ruta 6 do Centro de BTT O Salnés, polo que ambos percorridos poden ser combinados para os usuarios da bicicleta.
A primeira parte do percorrido ascenderemos á ladeira do monte A Escusa dende onde se divisa a Ría de Arousa. Despois dun tramo camiñando por pistas forestais comezaremos a descender seguindo o curso do río San Martiño, un pequeno canle que serpea entre as rocas creando coloridos recunchos. Conta a lenda que os musulmáns botaron a este río, no lugar coñecido como O Pozo Negro, as campás que roubaron da igrexa de San Salvador de Meis, descubertos os culpables, o pobo obrigoulles a recuperalas perecendo varios no intento.
O último tramo da senda, aínda seguindo o curso do río, é completamente chan. Relaxarémonos camiñando entre os viñedos de uva albariña e os milleirais, pasando polas igrexas de San Salvador de Meis e San Martiño de Meis.
MOSTEIRO DA ARMENTEIRA
Conta a lenda que Ero, cabaleiro da corte de Alfonso VII e fundador por mandato divino do mosteiro da Armenteira durmiu un sono de 200 anos…
A historia fálanos dun mosteiro modesto cunha comunidade pouco numerosa dende o S. XII ata mediados do XIX, no que foi abandonado por causa da Desamortización de Mendizábal.
Hoxe levántase impoñente na ladeira da montaña, singularizado polo seu gran rosetón e próximo a un edificio de última xeración, o novo aloxamento pertencente á rede “Pousadas do Salnés”.
Concello de Meis
Tel.: 986 712 001
correo@meis.gal
www.meis.gal
Deputación de Pontevedra
Pazo Deputación Provincial
Tel.: 986 804 100
www.depo.gal
Sendeiros
Sendeiros
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na política de cookies.
Configuración de cookies
Pode empregar estes botóns para personalizar os servizos que desexa utilizar neste portal.
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.