mailto:?subject=Envio de contido de Turismo de Galicia: PR-G 171 RUTA DO RÍO SAN MARTIÑO&body=Recoméndoche que leas a información PR-G 171 RUTA DO RÍO SAN MARTIÑO extraída do portal de Turismo de Galicia na páxina https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/170512000119/pr-g-171-ruta-do-rio-san-martino?langId=gl_ES%26tp=6%26ctre=23
Meis - Pontevedra
Sendeiro da rede de Rutas do Salnés que comparte algúns tramos coa ruta 6 do Centro de BTT O Salnés, polo que ambos percorridos poden ser combinados para os usuarios da bicicleta.
A primeira parte do percorrido ascenderemos á ladeira do monte A Escusa dende onde se divisa a Ría de Arousa. Despois dun tramo camiñando por pistas forestais comezaremos a descender seguindo o curso do río San Martiño, un pequeno canle que serpea entre as rocas creando coloridos recunchos. Conta a lenda que os musulmáns botaron a este río, no lugar coñecido como O Pozo Negro, as campás que roubaron da igrexa de San Salvador de Meis, descubertos os culpables, o pobo obrigoulles a recuperalas perecendo varios no intento.
O último tramo da senda, aínda seguindo o curso do río, é completamente chan. Relaxarémonos camiñando entre os viñedos de uva albariña e os milleirais, pasando polas igrexas de San Salvador de Meis e San Martiño de Meis.
MOSTEIRO DA ARMENTEIRA
Conta a lenda que Ero, cabaleiro da corte de Alfonso VII e fundador por mandato divino do mosteiro da Armenteira durmiu un sono de 200 anos…
A historia fálanos dun mosteiro modesto cunha comunidade pouco numerosa dende o S. XII ata mediados do XIX, no que foi abandonado por causa da Desamortización de Mendizábal.
Hoxe levántase impoñente na ladeira da montaña, singularizado polo seu gran rosetón e próximo a un edificio de última xeración, o novo aloxamento pertencente á rede “Pousadas do Salnés”.
Concello de Meis
Tel.: 986 712 001
correo@meis.gal
www.meis.gal
Deputación de Pontevedra
Pazo Deputación Provincial
Tel.: 986 804 100
www.depo.gal
Sendeiros
Sendeiros
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.