mailto:?subject=Envio de contido de Turismo de Galicia: PR-G 170 RUTA DA PEDRA E DA AUGA&body=Recoméndoche que leas a información PR-G 170 RUTA DA PEDRA E DA AUGA extraída do portal de Turismo de Galicia na páxina https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/170515000151/pr-g170-ruta-da-pedra-e-da-auga?ctre=23%26langId=gl_ES%26tp=6
Meis | Ribadumia
Un dos catro sendeiros da rede Rutas do Salnés, no corazón das Rías Baixas. É unha antiga verea que daba servizo aos muíños e tamén era utilizada polos romeiros o luns de Pascua para chegar ata o mosteiro de Santa María da Armenteira.
Neste curto sendeiro visitaremos máis de 30 muíños, moitos deles de incrible factura. Comeza no municipio de Meis e descende por un estreito sendeiro paralelo ao río Armenteira, no que atoparemos algún paso dificultoso. Este primeiro tramo acumula maior desnivel e por esa razón encontraremos maior numero de muíños, todos identificados polo seu nome. No muíño do Souto poderemos contemplar ademais unha pouco frecuente serra de auga.
A medida que avanzamos a pendente suavízase, despois da área recreativa seguimos por un confortable paseo xunto ao río, xa no municipio de Ribadumia. Moi agradable para facer en familia e unha escapada para os veraneantes da zona en días nubrados.
Concello de Meis
Tel: 986 712 001
correo@meis.gal
www.meis.gal
Concello de Ribadumia
Tel.: 986 718 491
concello@ribadumia.org
www.ribadumia.org
Deputación de Pontevedra
Tel.: 986 804 100
www.depo.gal
Sendeiros
Sendeiros
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.