PR-G 170 RUTA DA PEDRA E DA AUGA

Sendeirismo
12916
No Camiño de Santiago

Localización

Pontevedra

Meis | Ribadumia

Coordenadas:
42º 27' 51.4" N - 8º 44' 33.0" W
42º 29' 35.2" N - 8º 46' 26.9" W

Descrición

Un dos catro sendeiros da rede Rutas do Salnés, no corazón das Rías Baixas. É unha antiga verea que daba servizo aos muíños e tamén era utilizada  polos romeiros o luns de Pascua para chegar ata o mosteiro de Santa María da Armenteira.

Neste curto sendeiro visitaremos máis de 30 muíños, moitos deles de incrible factura.  Comeza no municipio de Meis e descende por un estreito sendeiro  paralelo ao río Armenteira, no que atoparemos algún paso dificultoso. Este primeiro tramo acumula maior desnivel e por esa razón  encontraremos maior numero de muíños, todos identificados polo seu nome. No muíño do Souto poderemos contemplar ademais unha pouco frecuente serra de auga.

A medida que avanzamos a pendente suavízase, despois da área recreativa seguimos por un confortable paseo xunto ao río, xa no municipio de Ribadumia. Moi agradable para facer en familia e unha escapada para os veraneantes da zona en días nubrados.

Acceso

A Armenteira, unha aldea moi coñecida polo seu mosteiro con saída directa dende a AG-41.

Camiños de Santiago

Ruta do Mar de Arousa e Ulla

Lonxitude

6,5 km.

Punto de partida/chegada

Punto de chegada: Rotonda VG-4.2 (Concello de Ribadumia) - UTM 29T X:518566 Y:4704559
Punto de partida: A Armenteira (Concello de Meis) - UTM 29T X:521164 Y:4701362

Percorrido

A Armenteira, Muíños  do Concello de Meis, Serradoiro do Souto, Aldea Labrega, Área recreativa dos Muíños de Meis, Muíños do Concello de Ribadumia, Rotonda VG-4.2.

Dificultade

Baixa

Duración

2 horas e 15 minutos.

Servizos

En A Armenteira.

M.I.D.E.

Esforzo M.I.D.E.:
Itinerario M.I.D.E.:
Desplazamento M.I.D.E.:
Medio M.I.D.E.:

Acceso en bicicleta

Apto parcialmente

Acceso a cabalo

Non apto

Cartografía I.G.N. (1:25:000)

185-I Meaño.

Máis información

Concello de Meis
Tel: 986 712 001
correo@meis.gal
www.meis.gal

Concello de Ribadumia
Tel.: 986 718 491
concello@ribadumia.org
www.ribadumia.org

Deputación de Pontevedra
Tel.: 986 804 100
www.depo.gal

Tipo de percorrido

Pequeno percorrido

Interese

Etnografía
Interese naturalista

Conexións con outros sendeiros

Plano

Data de recollida inicial: 01/08/2019
Arriba
Axúdanos a mellorar!