Camiño de Santiago
Natureza
Cultura e Patrimonio
Mar e Costa
Rutas
Gastronomía
Turismo de Saúde
Promocións para disfrutar agora
Axenda cultural
Vai pasar... Ver todos
mailto:?subject=Envio de contido de Turismo de Galicia: PR-G 167 ROTEIRO DA ERMIDA&body=Recoméndoche que leas a información PR-G 167 ROTEIRO DA ERMIDA extraída do portal de Turismo de Galicia na páxina https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/170515000159/pr-g-167-roteiro-da-ermida?langId=gl_ES
Estamos noutro dos sendeiros que conforman a rede de rutas do municipio de Toques (PR- G 166, 167 e 168), entrelazados entre si para que os percorridos poidan combinarse.
O percorrido comeza por un tramo lineal que logo se converte en circular, sendo aconsellable realizalo en sentido contrario ás agullas do reloxo para que o desnivel sexa máis livián. Deste xeito compartiremos un pequeno tramo co sendeiro PR-G 166 para logo comezar o ascenso cara á ermida de San Cidre. Dende o máis alto, teremos unha magnífica vista panorámica do contorno. Dende o cruceiro poderemos divisar a singular planicie de matagueira que caracteriza ao L.I.C. Serra do Careón.
Continuaremos polos cumios da serra en dirección a San Xiao, un pequeno lugar onde poderemos acubillarnos á sombra da súa carballeira, visitar a ermida de San Xiao e contemplar a Casa Grande do Herdeiro cos elementos característicos dunha casa solarenga: hórreo, pombal e cercado de pedra.
Antes de comezar o descenso cara ao punto de inicio visitaremos o castro de San Xiao, un exemplo perfecto para recoñecer as diferentes partes deste tipo de asentamentos.
Concello de Toques
Tel.: 981 505 826
correo@toques.es
www.toques.es
J Taboada (Técnico homologador de sendeiros)
Tel.: 626 835 030
xullotaboada@hotmail.com
Sendeiros
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na política de cookies.
Configuración de cookies
Pode empregar estes botóns para personalizar os servizos que desexa utilizar neste portal.
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.