mailto:?subject=Envio de contido de Turismo de Galicia: PR-G 172 RUTA DO RÍO CHANCA&body=Recoméndoche que leas a información PR-G 172 RUTA DO RÍO CHANCA extraída do portal de Turismo de Galicia na páxina https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/170515000170/pr-g172-ruta-do-rio-chanca?ctre=23%26langId=gl_ES%26tp=6
Meaño | Meis
Un novo sendeiro da rede que percorre a parte máis occidental da comarca do Salnés. Ascenderemos dende o nivel do mar por unha suave e agradable subida seguindo o curso do río Chanca ata o mosteiro da Armenteira.
Polo camiño atoparemos máis de 20 muíños, algúns completamente restaurados nos que se pode ver o mecanismo utilizado para moer. Un caso singular é o muíño do Pontilllón, cuxo cubo (zona pola que entra a auga) de forma cilíndrica esta construído con aros de pedra superpostos que son unha mostra da mestría dos antigos canteiros.
A primeira metade da senda é moi apracible, entre viñedos que nalgún tramo atravesan o río de lado a lado. A medida que ascendemos internámonos nun espazo forestal, baixo a sombra das árbores caducifolias ao longo do río.
Xa na parte final un muro de pedra de 4 metros de altura anunciaranos que chegamos ás posesións do mosteiro da Armenteira, que rodearemos ata chegar ao centro da poboación.
Concello de Meaño
Tel.: 986 747 102
info@concellodemeano.com
www.concellodemeano.com
Concello de Meis
Tel.: 986 712 001
correo@meis.gal
www.meis.gal
Deputación de Pontevedra
Tel.: 986 804 100
www.depo.gal
Sendeiros
Sendeiros
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.