PR-G172 RUTA DO RÍO CHANCA

Sendeirismo
225
No Camiño de Santiago

Localización

Pontevedra

Meaño | Meis

Coordenadas:
42º 26' 02.6" N - 8º 46' 57.0" W
42º 27' 51.1" N - 8º 44' 28.8" W

Descrición

Etnografía / Interese naturalista / Interese paisaxístico

Un novo sendeiro da rede que percorre a parte máis occidental da comarca do Salnés. Ascenderemos dende o nivel do mar por unha suave e agradable subida seguindo o curso do río Chanca ata o mosteiro da Armenteira.

Polo camiño atoparemos máis de 20 muíños, algúns completamente restaurados nos que se pode ver o mecanismo utilizado para moer. Un caso singular é o muíño do Pontilllón, cuxo cubo (zona pola que entra a auga) de forma cilíndrica esta construído con aros de pedra superpostos que son unha mostra da mestría dos antigos canteiros.

A primeira metade da senda é moi apracible, entre viñedos que nalgún tramo atravesan o río de lado a lado. A medida que ascendemos internámonos nun espazo forestal, baixo a sombra das árbores caducifolias ao longo do río. Xa na parte final un muro de pedra de 4 metros de altura anunciaranos que chegamos ás posesións do mosteiro da Armenteira, que rodearemos ata chegar ao centro da poboación.

Acceso

No lugar de Galiñáns (Meaño), na estrada PO- 9205, xunta á ponte que cruza o río Chanca.

Camiños de Santiago

Ruta do Mar de Arousa e Ulla

M.I.D.E.

Esforzo M.I.D.E.:
Itinerario M.I.D.E.:
Desplazamento M.I.D.E.:
Medio M.I.D.E.:

Cartografía I.G.N. (1:25:000)

185-I Meaño.

Acceso en bicicleta

Apto parcialmente

Acceso a cabalo

Apto parcialmente

Punto de partida/chegada

Punto de chegada: A Armenteira (Concello de Meis). UTM 29T X:521264 Y:47011349.
Punto de partida: A Ponte de Caxoi (Concello de Meaño). UTM 29T X:517889 Y:4797994

Percorrido

Ponte de Caxoi, Muíños de San Miguel de Lores, Muíños de Sta. María de Simes, Muíño do Pontillón, Lugar de Valboa, Muíños da Buraca, A Armenteira.

Conexións

Cos PR-G 170 e 171.

Servizos

Na Armenteira.

Perfil altitudinal

Altura mínima sobre o nivel do mar: 54 m.
Altura máxima sobre o nivel do mar: 370 m.
Desnivel acumulado baixando: 316 m.
Desnivel acumulado subindo: 316 m.
Perfil de elevación do sendeiro

Dificultade

Media

Lonxitude

7

Duración

2

Tipo de percorrido

Pequeno percorrido

Plano

Arriba