mailto:?subject=Envio de contido de Turismo de Galicia: PR-G 164 SENDA DA FRAGA DO BARRAGÁN&body=Recoméndoche que leas a información PR-G 164 SENDA DA FRAGA DO BARRAGÁN extraída do portal de Turismo de Galicia na páxina https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/170525000682/pr-g-164-senda-da-fraga-do-barragan?langId=gl_ES%26tp=6%26ctre=23
Pazos de Borbén - Pontevedra
Deseñado arredor de conca do río Barragán, o seu trazado discorre a diferentes alturas pero mantén o río como eixo central.
O curso do río Barragán, antes de desembocar no encoro de Eiras, caracterízase pola presencia, na zona máis profunda da conca, dunha mata de fraga autóctona con currunchos de gran beleza natural. Ademais, a abundancia de patrimonio etnográfico como muíños, pontes ou levadas (canles que conducían a auga ata os muíños), e históricos como os restos do asentamento coñecido como A Cidade, apórtanlle un interese turístico que farán deste sendeiro unha experiencia inesquecible.
O trazado do sendeiro é circular con diferentes accesos dende as estradas próximas que permite comezalo en diferentes puntos. Empezando no lugar denominado O Torreiro (parroquia de San Salvador de Xunqueiras) descenderemos cara ao río por camiños forestais e polas levadas rehabilitadas. Cruzaremos o río para chegar a Freaza e comezar un tramo montañoso onde poderemos atopar reses bravas que pastan en liberdade. A senda regresa á conca do río que teremos que cruzar, con prudencial, polos pasos de Freaza para internarnos no sensacional tramo que dá nome ao sendeiro: a Fraga do río Barragán.
Un paseo sen igual que ten como colofón os restos do asentamento da Cidade. Despois subiremos ata As Lombas e pecharemos o círculo regresando ao Torreiro no Cabo da Raña.
Concello de Fornelos de Montes
Tel.: 986 768 409
www.fornelos.gal
Concello de Pazos de Borbén
Tel.: 986 497 035
www.pazosdeborben.gal
Comunidades de Montes Veciñais en man común de Traspielas, Calvos, Moscoso e Xunqueiras
www.sendadobarragan.com
www.facebook.com/SendaBarragan
J Taboada (Técnico homologador de sendeiros)
Tel.: 626 835 030
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.