PR-G 164 SENDA DA FRAGA DO BARRAGÁN

Sendeirismo
483

Localización

Pazos de Borbén - Pontevedra

Coordenadas:
42º 18' 00.3" N - 8º 29' 22.3" W

Descrición

Deseñado arredor de conca do río Barragán, o seu trazado discorre a diferentes alturas pero mantén o río como eixo central.

O curso do río Barragán, antes de desembocar no encoro de Eiras, caracterízase pola presencia, na zona máis profunda da conca, dunha mata de fraga autóctona con currunchos de gran beleza natural. Ademais, a abundancia de patrimonio etnográfico como muíños, pontes ou levadas (canles que conducían a auga ata os muíños), e históricos como os restos do asentamento coñecido como A Cidade, apórtanlle un interese turístico que farán deste sendeiro unha experiencia inesquecible.

O trazado do sendeiro é circular con diferentes accesos dende as estradas próximas que permite comezalo en diferentes puntos. Empezando no lugar denominado O Torreiro (parroquia de San Salvador de Xunqueiras)  descenderemos cara ao río por camiños forestais e polas levadas rehabilitadas. Cruzaremos o río para chegar a Freaza e comezar un tramo montañoso onde poderemos atopar reses bravas que pastan en liberdade. A senda regresa á conca do río que teremos que cruzar, con prudencial, polos pasos de Freaza para internarnos no sensacional tramo que dá nome ao sendeiro: a Fraga do río Barragán.

Un paseo sen igual que ten como colofón os restos do asentamento da Cidade. Despois subiremos ata As Lombas e pecharemos o círculo regresando ao Torreiro no Cabo da Raña.

Acceso

Pola estrada PO-252 (Mondariz-Moscoso) atópase a parroquia de San Salvador de Xunqueiras. Desviarse no cruce que indica cara ao Torreiro. A 100 m atópase unha praza na que está o inicio do sendeiro.

Lonxitude

17,3 kilómetros
17,3 km.

Punto de partida/chegada

O Torreiro, O Cabo de Raña (Concello de Pazos de Borbén).  - UTM 29T X:542077 Y:4683222

Percorrido

O Torreiro (O Cabo da Raña), Levadas da Maruxa, Ponte de Pau, Freaza, Muíño de Agosto, Muíño do Cubo, Pasos do río Barragán, Muíños do río Barragán, A Cidade, Lugar das Lombas, O Torreiro (O Cabo da Raña).

Dificultade

Media - Alta

Duración

5 Horas
5 horas.

Material

Botas de montaña con sola antiesvarante.

Servizos

En Moscoso.

M.I.D.E.

Esforzo M.I.D.E.:
Itinerario M.I.D.E.:
Desplazamento M.I.D.E.:
Medio M.I.D.E.:

Acceso en bicicleta

Apto parcialmente

Acceso a cabalo

Apto parcialmente

Cartografía I.G.N. (1:25:000)

186-II Beariz.

Máis información

Concello de Fornelos de Montes
Praza da Igrexa, 1. A Igrexa.
36847 Fornelos de Montes
Tel.: 986 768 409
www.fornelos.com

Concello de Pazos de Borbén
Pazos, 52. 36841 Pazos de Borbén
Tel.: 986 497 035 / 986 497 420
concello@pazosdeborben.org
www.pazosdeborben.org

Perfil altitudinal

Altura mínima sobre o nivel do mar: 401 m.
Altura máxima sobre o nivel do mar: 389 m.
Desnivel acumulado baixando: 669 m.
Desnivel acumulado subindo: 669 m.
Perfil de elevación do sendeiro

Tipo de percorrido

Pequeno percorrido

Tipificación

Etnografía
Interese histórico
Interese naturalista
Interese paisaxístico

Plano

Data de recollida inicial: 01/08/2019
Arriba