PR-G 160 RUTA DA DESEMBOCADURA DO MIÑO

Sendeirismo
662
No Camiño de Santiago

Localización

A Guarda - Pontevedra

Coordenadas:
41º 54' 32.0" N - 8º 51' 10.0" W

Descrición

No extremo suroeste de Galicia, onde o río Miño desemboca, existe unha interesante zona con destacados valores naturais e paisaxísticos catalogada como L.I.C. Baixo Miño e Z.E.P.A. Esteiro do Miño. O sendeiro percorre este espazo acompañando ao río Miño nos seus últimos quilómetros antes de despedirse no mar. Un agradable percorrido completamente chan que atravesa xuncais, rochas e belas praias por unha senda perfectamente acondicionada.

Comeza xunto á Igrexa parroquial de San Lorenzo de Salcidos, dende aquí diríxese cara ao río pola extensa planicie que se forma nesta zona, para logo atravesar un xuncal con máxima cautela e así poder contemplar as aves dende a torre de observación ornitolóxica. Pasaremos polo Lugar da Pasaxe, un lugar con moita historia, xa que foi e segue a ser punto de conexión marítima cos veciños portugueses, no que destaca o magnífico edificio da escola dos Xesuítas.

A metade do camiño cambiaremos o río polo mar, veremos O Forte da Ínsua, unha espectacular fortificación portuguesa erixida en medio da desembocadura onde as augas do río e do mar chocan con maior violencia.

Continuando o camiño atravesaremos unha ampla zona rochosa que a forza das olas fragmenta converténdoa en multitude de cantos rodados; tamén podemos observar unha pila de pedra utilizada antigamente para extraer o sal da auga de mar. Neste tramo o trazado presenta dúas alternativas á ruta principal por sendas variantes que discorren algo máis afastadas da costa e que permiten facer unha parte do retorno por camiños distintos.

Acceso

Próximo á vila da Guarda, no extremo suroeste de Galicia. Chegar á Igrexa de San Lorenzo de Salcidos, onde se atopa a frecha de inicio.

Camiños de Santiago

Camiño Portugués da costa

Lonxitude

8,6 km. As variantes 1, 2 e 3 miden respectivamente 500 m, 2 km e 680 m.

Punto de partida/chegada

Punto de chegada: As Pozas (Concello da Guarda) - UTM 29T X:509859 Y:4636721
Punto de partida: Igrexa de San Lorenzo de Salcidos (Concello da Guarda). - UTM 29T X:512208 Y:4639670

Percorrido

Igrexa de San Lorenzo de Salcidos, Lugar da Pasaxe, Palomar, Praia de Armona, Praia de Camposancos, As Pozas.

Dificultade

Baixa

Duración

3 horas e 45 minutos.

Servizos

Na Guarda.

M.I.D.E.

Esforzo M.I.D.E.:
Itinerario M.I.D.E.:
Desplazamento M.I.D.E.:
Medio M.I.D.E.:

Acceso en bicicleta

Apto totalmente

Acceso a cabalo

Apto parcialmente

Cartografía I.G.N. (1:25:000)

298-IV A Guarda e 299-III Salcidos.

Máis información

Concello da Guarda
Tel.: 986 614 546
turismo@aguarda.es
turismoaguarda.es

Perfil altitudinal

Altura mínima sobre o nivel do mar: 2 m.
Altura máxima sobre o nivel do mar: 38 m.
Desnivel acumulado baixando: 140 m.
Desnivel acumulado subindo: 133 m.
Perfil de elevación do sendeiro

Tipo de percorrido

Pequeno percorrido

Interese

Etnografía
Interese naturalista
Interese paisaxístico

Plano

Data de recollida inicial: 01/08/2019
Arriba
Axúdanos a mellorar!