Camiño de Santiago
Natureza
Cultura e Patrimonio
Mar e Costa
Rutas
Gastronomía
Turismo de Saúde
Promocións para disfrutar agora
Axenda cultural
Vai pasar... Ver todos
mailto:?subject=Envio de contido de Turismo de Galicia: PR-G 157 ROTEIRO AUGAS MESTAS - DOADE&body=Recoméndoche que leas a información PR-G 157 ROTEIRO AUGAS MESTAS - DOADE extraída do portal de Turismo de Galicia na páxina https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/170525000686/pr-g-157-roteiro-augas-mestas-doade?langId=gl_ES
Atopámonos no territorio da D.O. vitivinícola Ribeira Sacra, na bisbarra de Terra de Lemos, para percorrer un dos sendeiros máis espectaculares pero tamén máis longos e esixentes de Galicia.
Os seus 27 km, os desniveis e as gradas requiren unha boa condición física, sen esquecer a planificación do percorrido, do avituallamento, dos horarios e do transporte de regreso.
O percorrido é lineal, recoméndase inicialo dende o Lugar de Parada en dirección a Doade, xa que a pendente será menos pronunciada. Nada máis deixar a zona de Augas Mestas o sendeiro escava o seu camiño na parede da montaña, formando auténticos “balcóns” a centos de metros sobre os ríos Lor e Sil.
Continuando o ascenso por unha estreita senda chégase á aldea abandonada do Fuluxento, punto de inicio dun recorrido vinícola que pasa primeiro entre os viñedos e logo polas bodegas da parroquia de Vilachá de Salvadur.
Despois dun tramo intermedio descendendo por pistas forestais chegaremos de novo ata o río para visitar as aldeas abandonadas de Barxa, Froxende e Vilar de Mouros. Camiñaremos entre bosques de castiñeiros milenarios e exemplares de erbedeiro e sobreira que denotan o microclima mediterráneo da conca do rio Sil. De novo o camiño afástase do encoro e discorre por unha zona agrícola entre as aldeas da Lampaza e Os Palleiros.
Xa na parte final volve a achegarse ao río para deixarnos unha inesquecible panorámica da conca do Sil dende o miradoiro da Pena do Castelo.
Oficina de turismo de Monforte de Lemos
Tel.: 982 404 715
turismo@concellodemonforte.com
www.monfortedelemos.es
Concello de Sober
Tel.: 982 460 001 / 982 460 005
www.concellodesober.com
Concello de Quiroga
Tel.: 982 428 001
www.concellodequiroga.com
Segatur (Sendeiros de Galicia para o Turismo Rural S.L.)
Tel. 654 165 730 / 886 117 011
info@segatur.com
www.segatur.com
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na política de cookies.
Configuración de cookies
Pode empregar estes botóns para personalizar os servizos que desexa utilizar neste portal.
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.