PR-G 154 RUTA DO AZÚMARA

Sendeirismo
2630

Localización

Castro de Rei - Lugo

Coordenadas:
43º 09' 48.8" N - 7º 23' 03.4" W
43º 12' 28.3" N - 7º 24' 06.2" W

Descrición

Senda lineal que se percorre máis facilmente comezando dende o Museo Arqueolóxico do Castro de Viladonga, circunstancia que debe ser aproveitada para visitar unha das referencias da vida castrexa en Galicia. Dende aquí, descenderemos gozando dunha espectacular panorámica da Terra Chá; pouco a pouco o bosque de bidueiros e ameneiros cubriranos ata chegar ao Lugar de Monelos, onde poderemos contemplar un fenomenal conxunto de arquitectura civil composto polo Pazo de Fontexón, a casa anexa e o muíño, estes últimos exquisitamente restaurados.

Sen esquecer, a escasos metros da ruta, a igrexa de San Xoán de Azúmara. Continuando polo curso do río Azúmara chegaremos á antiga mina de arsénico. Segundo contan os veciños, a extracción deste metal tóxico supuxo nos anos 40 un importante complemento para a economía local. Ademais da boca da mina, aínda pode verse, paralelo ao noso sendeiro, unha longa e profunda canle que conducía auga ata a mina.

E seguindo o tranquilo descenso do río chegaremos ata o final do camiño na área recreativa á entrada do pobo de Castro de Rei.

Acceso

No km 70 da estrada N-640, seguir ata o camiño de acceso ao Museo Arqueolóxico do Castro de Viladonga. A 100 m deste punto, en dirección norte, atópase o inicio do sendeiro.

Lonxitude

7 km.

Punto de partida/chegada

Punto de chegada: Área recreativa do Río Azúmara - UTM 29T X:629833 Y:4785140
Punto de partida: Museo Arqueolóxico do Castro de Viladonga - UTM 29T X:631345 Y:4780247

Percorrido

Museo Arqueolóxico do Castro de Viladonga, Lugar de Monelos, Mina de Arsénico, Lugar de Prado, Área recreativa do Río Azúmara.

Dificultade

Baixa

Duración

2 horas e media.

Servizos

En Castro de Rei e Castro Ribeiras de Lea.

M.I.D.E.

Esforzo M.I.D.E.:
Itinerario M.I.D.E.:
Desplazamento M.I.D.E.:
Medio M.I.D.E.:

Acceso en bicicleta

Apto totalmente

Cartografía I.G.N. (1:25:000)

48-III Castro de Rei, 73-I Duarria.

Máis información

Concello de Castro de Rei
Tel.: 982 314 034
info@castroderei.gal.
www.castroderei.gal

Mancomunidade Terra Chá
www.mancomunidadeterracha.com

Segatur (Sendeiros de Galicia para o Turismo Rural S.L.)
Tel. 654 165 730 / 886 117 011
info@segatur.com
www.segatur.com

Tipo de percorrido

Pequeno percorrido

Interese

Interese arqueolóxico
Interese histórico
Interese naturalista

Plano

Data de recollida inicial: 01/08/2019
Arriba
Axúdanos a mellorar!