Camiño de Santiago
Natureza
Cultura e Patrimonio
Mar e Costa
Rutas
Gastronomía
Turismo de Saúde
Promocións para disfrutar agora
Axenda cultural
Vai pasar... Ver todos
mailto:?subject=Envio de contido de Turismo de Galicia: PR-G 153 AUGAS DE FOMIÑÁ&body=Recoméndoche que leas a información PR-G 153 AUGAS DE FOMIÑÁ extraída do portal de Turismo de Galicia na páxina https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/170526000720/pr-g-153-augas-de-fomina?langId=gl_ES
A partir da Lagoa de Fomiñá o río Miño comeza a levar caudal, polo que moitos o consideran o seu nacemento. Polo sendeiro PR-G 153 seguiremos o río Miño dende a lagoa hasta a Área recreativa da Liboira, atravesando a comarca da Terra Chá e dentro da Reserva da Biosfera Terras do Miño.
Como é característico nos sendeiros da Terra Chá o percorrido é case chan. Tamén aquí a vista se perderá no horizonte dos campos agrícolas; as liñas rectas do trazado ou as fragas de álamos permitirannos gozar dun contorno diferente en Galicia.
O río Miño é o eixo desta ruta, dende o seu inicio camiñaremos pola ribeira do río. Nun punto sinalizado podemos desviarnos para visitar a igrexa do Salvador de Crecente.
Máis adiante, pasaremos polo castro de Sa, dende a croa (parte máis elevada do castro), divísase unha panorámica de 360º do contorno. Destacar que baixo o castro existe unha misteriosa gruta que posiblemente serviu de refuxio aos seus habitantes.
Volveremos a reencontrarnos co Miño atravesando o extenso agro da parroquia de Baltar para chegar á Área recreativa da Liboira.
Concello da Pastoriza
Tel.: 982 332 197
administracion@concellodepastoriza.es
concelloapastoriza.es
Mancomunidade Terra Chá
www.mancomunidadeterracha.com
Segatur (Sendeiros de Galicia para o Turismo Rural S.L.)
Tel. 654 165 730 / 886 117 011
info@segatur.com
www.segatur.com
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na política de cookies.
Configuración de cookies
Pode empregar estes botóns para personalizar os servizos que desexa utilizar neste portal.
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.