Camiño de Santiago
Natureza
Cultura e Patrimonio
Mar e Costa
Rutas
Gastronomía
Turismo de Saúde
Promocións para disfrutar agora
Axenda cultural
Vai pasar... Ver todos
mailto:?subject=Envio de contido de Turismo de Galicia: PR-G 153 AUGAS DE FOMIÑÁ&body=Recoméndoche que leas a información PR-G 153 AUGAS DE FOMIÑÁ extraída do portal de Turismo de Galicia na páxina https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/170526000720/pr-g-153-augas-de-fomina?langId=gl_ES%26tp=6%26ctre=23
A partir da Lagoa de Fomiñá o río Miño comeza a levar caudal, polo que moitos o consideran o seu nacemento. Polo sendeiro PR-G 153 seguiremos o río Miño dende a lagoa hasta a Área recreativa da Liboira, atravesando a comarca da Terra Chá e dentro da Reserva da Biosfera Terras do Miño.
Como é característico nos sendeiros da Terra Chá o percorrido é case chan. Tamén aquí a vista se perderá no horizonte dos campos agrícolas; as liñas rectas do trazado ou as fragas de álamos permitirannos gozar dun contorno diferente en Galicia.
O río Miño é o eixo desta ruta, dende o seu inicio camiñaremos pola ribeira do río. Nun punto sinalizado podemos desviarnos para visitar a igrexa do Salvador de Crecente.
Máis adiante, pasaremos polo castro de Sa, dende a croa (parte máis elevada do castro), divísase unha panorámica de 360º do contorno. Destacar que baixo o castro existe unha misteriosa gruta que posiblemente serviu de refuxio aos seus habitantes.
Volveremos a reencontrarnos co Miño atravesando o extenso agro da parroquia de Baltar para chegar á Área recreativa da Liboira.
Concello da Pastoriza
Tel.: 982 332 197
administracion@concellodepastoriza.es
concelloapastoriza.es
Mancomunidade Terra Chá
www.mancomunidadeterracha.com
Segatur (Sendeiros de Galicia para o Turismo Rural S.L.)
Tel. 654 165 730 / 886 117 011
info@segatur.com
www.segatur.com
Este portal utiliza cookies propias de tipo técnico e de terceiros para mellorar, mediante a análise da navegación, o servizo ofrecido. As cookies non se utilizan para recoller datos persoais. Coñeza como as usamos e de que maneira pode cambiar a súa configuración
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.