PR-G 152 RUTA DOS MUÍÑOS

Sendeirismo
1741
No Camiño de Santiago

Localización

Abadín - Lugo

Coordenadas:
43º 18' 37.0" N - 7º 29' 49.8" W
43º 19' 25.9" N - 7º 27' 32.2" W

Descrición

É a ruta máis curta da rede de sendeiros da Terra Chá con só 5,7 km que transcorren polo interior dunha fraga, unindo no seu percorrido cinco muíños de auga construídos ao longo do río da Fraga.

Ten un trazado lineal que comeza no Lugar da Laxe, xunto ao muíño restaurado de Corvite. Neste tramo o camiño segue paralelo á canle do río Anllo cuberto por un bosque de ribeira. Logo cruza a carreteira e discorre por un antigo camiño de carros que daba servizo á intensa actividade que se desenvolveu neste pequeno río.

O primeiro que atopamos é o muíño chamado do Mazo, a medida que nos internamos no espléndido souto veremos os muíños de Trasón, da Fraga e do Escaravello, todos eles emprazados en lugares estratéxicos para o aproveitamento da forza da auga.

Na última parte abandonamos a conca do río para chegar ata o final do sendeiro. Dende aquí parte unha derivación que nos achegará ao muíño de Cabo da Vila que aínda conserva no seu interior todos os mecanismos de funcionamento.

Acceso

O lugar da Laxe atópase na parroquia de San Pedro de Corvite, próxima á vía LU-113. A carón do muíño atópase o inicio del sendeiro.

Camiños de Santiago

Camiño do Norte

Lonxitude

5,7 km. A ruta principal mide 5,1 km e a derivación de ida e volta 600 m.

Punto de partida/chegada

Punto de chegada: Lugar de Cabo de Vila (Concello de Abadín). - UTM: 29T X:614948 Y:4797936
Punto de partida: Lugar da Laxe. - UTM: 29T X:621878 Y:4796373

Dificultade

Baixa

Duración

1 hora e 40 minutos.

Servizos

En Abadín.

M.I.D.E.

Esforzo M.I.D.E.:
Itinerario M.I.D.E.:
Desplazamento M.I.D.E.:
Medio M.I.D.E.:

Acceso en bicicleta

Apto parcialmente

Acceso a cabalo

Apto totalmente

Cartografía I.G.N. (1:25:000)

48-I Muimenta.

Máis información

Concello de Abadín
Tel.: 982 508 021
concello.abadín@eidolocal.es
abadín.es

Mancomunidade Terra Chá
www.mancomunidadeterracha.com

Segatur (Sendeiros de Galicia para o Turismo Rural S.L.)
Tel. 654 165 730 / 886 117 011
info@segatur.com
www.segatur.com

Tipo de percorrido

Pequeno percorrido

Interese

Interese naturalista
Interese paisaxístico

Plano

Data de recollida inicial: 01/08/2019
Arriba
Axúdanos a mellorar!