LA TERRAZA

Hoteis - 1 estrela superior
672
No Camiño de Santiago

Localización

Rúa: A Carreira 4

15630  Miño - A Coruña

Coordenadas:
43º 20' 43.9" N - 8º 12' 25.2" W

Descrición

Hostal La Terraza atópase no concello costeiro de Miño (A Coruña) e ofrece o servizo de hospedaxe e almorzo buffet. Situado no centro urban da localidade e próximo a distintos bares e locais, é un aloxamento ideal para desfrutar das tranquilas praias de area dourada de Miño e visitar as Rías Altas.
As instalaciones contan con 23 dormitorios con baño propio e zonas comúns, unha área de aparcamento de balde e WIFI en tódalas habitacións. A nosa maneira de entender o turismo consiste na priorización do descanso dos clientes, a súa comodidade e o trato persoalizado a un prezo asequible.
Cas reformas do 2017 elimináronse barreiras arquitectónicas e adaptado un dormitorio para persoas con movilidade reducida. Tamén renovouse algunhas habitacións. Contamos cun novo comedor deseñado para servir o almorzo buffet a base de zumo, café e infusións, queixos, mermelada, manteiga, froita, iogur, bola tradicional e variedades de pan galego, unha aposta moi persoal para unha estancia con nos.
Miño posue unha localización privilexiada de gran valor paisaxístico natural entre as Fragas do Eume e a Reserva de la Biosfera (Mariñas Coruñesas-Terras do Mandeo), con opcións gastronómicas atractivas nun entorno mariñeiro, ben comunicado pola autoestrada A-6 e AP-9, tamén pódese chegar en autobús, tren ou avión co aeroporto da Coruña a 20 minutos.
Para aqueles interesados no turismo urban, Hostal La Terraza está situado no corazón das Rías Altas, a 25 minutos das cidades de A Coruña e Ferrol, a 10 minutos de Betanzos e Pontedeume, e a 45 minutos de Santiago de Compostela. A zona permite combinar distintas modalidades de turismo sen grandes desplazamientos: praia e natureza, gastronomía e cultura desde Miño. O Camiño de Santiago transcorre pola porta do Hostal, unha opción para aqueles que queiran garantizar o descanso.
Hostal La Terraza é un histórico establecimiento que comeza en 1937 a sua andadura como casa de comidas, hospedaxe e cine, o Cine Pantín. A fachada do edificio ten un deseño modernista propio da época, exemplo de la arquitectura gallega de principios de século. En 1968 amplíanse as instalacións nunha aposta polo negocio hotelero e o turismo de verán, a terceira xeración segue aquí.

Camiños de Santiago

Camiño Inglés

Tipos de servizos

Admite tarxetas de crédito
Almorzo incluido no prezo
Aluguer de bicicletas
Aparcadoiro de superficie
Ascensor
Calefacción individual
Cuartos familiares
Fálase inglés
Garaxe gratuíto
Internet / wifi en zonas comúns
Internet nos cuartos / wifi
Salón de estar
Secador de cabelo nos cuartos
Televisión nos cuartos
Xardín terraza

Réximes

Almorzo
Almorzo buffet

Tarxetas

4B
Euro Card
Euro Cav
Master Card
Red 6000
ServiRed
Visa
Arriba
Axúdanos a mellorar!