SANTUARIO DE SANTA MARGARIDA DE MONTEMAIOR

Relixioso
1375

Localización

Parroquia: Montemaior (Santa María Madanela)

Lugar: Santa Margarida

A Laracha - A Coruña

Coordenadas:
43º 10' 45.1" N - 8º 35' 38.8" W

Descrición

Situada nun fermoso contorno rural, a carón dunha densa carballeira, esta igrexa de estilo neorrománico foi levantada entre finais do século XIX e os primeiros anos do XX.
Posúe planta irregular con catro capelas laterais e a súa estrutura aérea é de bóvedas de cruzaría. A fachada principal presenta un sistema pentagonal de eixe vertical que vén marcado pola porta de entrada, a xanela abucinada e a espadana de dous ocos.
Sitúase nun amplo espazo libre no que se atopa unha densa carballeira, moi coñecida pola celebración da romaría de Santa Margarida.

Acceso

Desde a estrada DP2404 A Laracha - A Silva tomando calquera dos cruzamentos á dereita a partir dos PK 8,500 e 12,500.
Arriba