IGREXA PARROQUIAL DE SANTIAGO DE VILAÑO

Relixioso
908

Localización

Parroquia: Vilaño (Santiago)

Lugar: A Areosa

A Laracha - A Coruña

Coordenadas:
43º 14' 22.2" N - 8º 35' 53.5" W

Descrición

O templo, coa advocación de Santiago, é de estilo neorrománico e data do século XIX. Posúe planta de salón rectangular, cunha soa nave e ábsida rectangular.
O sistema construtivo é a base de muros de cachotería, á vista excepto na sancristía - engadida posteriormente á construción -, a cal posúe dúas plantas e está situada na parte posterior do edificio, podéndose acceder a ela tanto polo interior como polo exterior do templo.
É precisamente na sancristía onde se atopa o miliario, que o historiador José Manuel Caamaño data no século IV, concretamente entre os anos 351 e 353. A peza presenta unha forma cilíndrica e mide 146 centímetros. Posúe unha inscrición, con letras de entre 5 e 7 centímetros, na que se pode ler unha mensaxe incompleta en latín, que podería dicir “bono rei publicae natus. Magno Decentio nobilissimo et florentissimo caesari”. Nesta inscrición hónrase o césar Decentio, irmán do emperador Magneto, circunstancia estraña xa que habitualmente estaban dedicados ao emperador.
A estrutura interna está composta por cimbras de madeira. No interior, o espazo da nave e do presbiterio están delimitados por un arco de medio punto. A cuberta é a dúas augas. A fachada principal presenta unha composición arquitectónica austera, realizada en pedra regular, cunha porta central coroada por unha espadana de dous ocos e un escudo brasonado.

Acceso

No núcleo urbano da Laracha pola rúa Santa Lucía e a rúa Buenos Aires durante 700 m.
Arriba
Axúdanos a mellorar!