IGREXA DE SANTA BAIA DO ARAÑO

Relixioso
370
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: O Araño (Santa Baia)

Lugar: A Capela

15984  Rianxo - A Coruña

Coordenadas:
42º 41' 37.2" N - 8º 48' 00.7" W

Descrición

A igrexa, do século XVII, consta dunha nave de planta rectangular dividida en catro treitos por tres arcos faixóns de medio punto apoiados sobre pilastras. Unha liña de imposta marca o comezo da bóveda de canón que cobre toda a nave. Antes da ábsida aparecen dous pequenos altares laterais incrustados no muro, nun oco formado por un arco de medio punto. Nos pés da nave atópase a tribuna actual, que substituíu á orixinal de madeira, á que se accede a través dunha escaleira incrustada no muro. A porta ten arco de medio punto e cun oco cadrado de iluminación enriba. No lateral dereito da fachada atópase a torre campanario, de tres corpos. A cuberta foi restaurada recentemente. 

Acceso

Dende a praza de Castelao saímos cara á rúa Rosalía de Castro e na rotonda collemos a segunda saída pola estrada DP-3301 cara a Taragoña. Continuamos pola DP-7201 e na seguinte rotonda tomamos a primeira saída pola DP-7202. No lugar do Pazo colleremos un desvío á esquerda para seguir pola DP-7203, que nos leva a Taragoña. Alí viraremos á dereita pola AC-305 cara ao Araño. Xa na parroquia do Araño, á altura da Capela, viramos á esquerda (sinalización vertical de dirección á Igrexa do Araño, Hórreo do Araño, Pico Muralla, Traba, Vilar, Campelo, Cerqueiras…) e a uns 500 m volvemos virar á esquerda onde se indica a dirección da igrexa de Santa Baia do Araño, que atoparemos a uns 200 m. 

Camiños de Santiago

Ruta do Mar de Arousa e Ulla
Arriba
Axúdanos a mellorar!