IGREXA PARROQUIAL DE SAN VÍCTOR

Relixioso
512
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Cernego (San Víctor)

Lugar: Cernego

32348  Vilamartín de Valdeorras - Ourense

Coordenadas:
42º 26' 28.2" N - 7º 04' 24.3" W

Descrición

Reformada entre os mediados do século XVI a XVII, igrexa de planta rectangular con presbiterio máis elevado, de muros de cachotería na fachada principal e revogados nos laterais e no presbiterio. Porta de acceso con arco de medio punto e grandes doelas e rematada por unha espadana de dous ocos, rematados en forma de arco, con senllas campás. Frontón de remate con perfil cóncavo e, sobre o presbiterio, unha pequena cúpula. 
Esta igrexa sitúase nunha contorna rural no lugar de Cernego, considerado un núcleo singular onde se poden observar as características típicas dos asentamentos tradicionais da zona: concentración de construcións con edificacións en medianeira, camiños de ancho reducido, edificacións executadas en cachotería de xisto e adobe, cuberta a dúas augas con remate de lousa sobre armazón de madeira e corredor como elemento permanente ligado ás vivendas.

Acceso

Saímos de Vilamartín pola rúa Iryda e tomamos o desvío á esquerda cara a Cernego ao final da rúa. 

Camiños de Santiago

Camiño de Inverno
Arriba
Axúdanos a mellorar!