IGREXA PARROQUIAL DE SAN ANTONIO

Relixioso
434
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: O Mazo (Santo Antonio)

Lugar: O Mazo

32348  Vilamartín de Valdeorras - Ourense

Coordenadas:
42º 25' 29.3" N - 7º 02' 53.9" W

Descrición

Igrexa de planta rectangular, con presbiterio máis elevado, a partir de muros de cachotaría recebados con morteiro de cemento e pintados de branco. En fronte e nos laterais, ocos de iluminación abucinados, estilizados, nos que destaca a altura sobre a anchura. Espadana de corpo recto e dous ocos que aloxan senllos campanís e remate triangular.

Próximas á igrexa atopamos varias construcións populares á beira do río Leira e, ademais de observar as características arquitectónicas tradicionais propias da zona, podemos gozar coa contorna deste pequeno regato. Se continuamos río arriba, a pouca distancia do final do núcleo do Mazo, podemos apreciar un conxunto de dous muíños de rodicio, canle con muros de pedra e leito de terra, cun estado de conservación de certo abandono.

Acceso

Saímos de Vilamartín pola rúa Iryda e tomamos o desvío á dereita cara á estrada do Mazo ata chegar á pequena aldea á beira do río Leira.

Camiños de Santiago

Camiño de Inverno
Arriba