IGREXA PARROQUIAL DE SANTA MARÍA MAGDALENA

Relixioso
217
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: A Ponte Ulla (Santa María Madanela)

Lugar: A Ponte Ulla

15885  Vedra - A Coruña

Coordenadas:
42º 46' 41.9" N - 8º 24' 09.0" W

Descrición

Foi fundada ou reedificada no s.VIII por Odario, bispo de Lugo. A igrexa é de planta rectangular con capela pegada. De estilo románico conserva a ábsida semicircular e os canecillos do exterior. No seu lado Sur está a capela con bóveda estrelada de cinco claves, probablemente do s. XVI. No interior, no arco central consérvanse uns frescos do s. XVI representando a Anunciación. Sobre a portada da fachada principal érguese unha espadana de dobre campá con remate triangular.

Conserva unha cruz de principios do S. XVI, de prata dourada e acibeche.

Acceso

Dende o concello collemos a estrada DP-8203 dirección Ourense que se une á DP-1202 pola que seguiremos ata o final, que desemboca nun cruce no pobo de Lestedo. Alí, colleremos cara a dereita dirección Ourense pola N-525 e continuaremos ata chegar ó pobo de A Ponte Ulla, pasaremos polo medio de dúas gasolineiras e xusto o cruzar a ponte veremos un cruce cara a esquerda por onde colleremos e seguiremos ata chegar ao núcleo do pobo onde veremos a igrexa.

Camiños de Santiago

Camiño de Inverno
Vía da Prata
Arriba
Axúdanos a mellorar!