CAPELA DE SAN MARTÍN

Relixioso
548
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: A Portela (San Xulián)

Lugar: Baxeles

32348  Vilamartín de Valdeorras - Ourense

Coordenadas:
42º 26' 01.1" N - 7º 02' 08.9" W

Descrición

Capela de planta rectangular e estrutura dunha soa planta con muros de cachotería, na que prima a súa altura sobre o seu ancho. Presenta bufardas en todas as súas fachadas e porta principal de lintel recto, con senllos ocos aos lados. Cuberta que se estende sobre a fachada principal, formando un telladiño sobre columnas de madeira. Coroa a cuberta unha sinxela espadana de cachotería, na que destaca o arco de medio punto executado nos mesmos materiais que a estrutura, e que aloxa unha sinxela campá.
Dentro do núcleo de Baxeles, e próximos á capela, podemos atopar numerosos exemplos de construcións de arquitectura civil nos que observar os elementos tradicionais das vivendas propios da zona.

Acceso

Saímos de Vilamartín pola rúa Iryda en dirección a Valdegodos, continuamos ata Córgomo pola OU-0807 e á saída deste e moi próximo sitúase o lugar de Baxeles.

Camiños de Santiago

Camiño de Inverno
Arriba
Axúdanos a mellorar!