CASA DO MUDO

Hoteis - 1 estrela superior
701

Localización

Parroquia: Cervo (Santa María)

Lugar: A Senra 25

27891  Cervo - Lugo

Coordenadas:
43º 39' 33.2" N - 7º 24' 55.0" W

Descrición

CASA  DO MUDO é unha antiga casa de labranza restaurada. Os espazos están moi coidados, mantendo sempre o aspecto rústico do edificio. Casa  do Mudo é moito máis que unha casa rural, é un fogar.
As nove habitacións contan con baño completo, televisión e wifi. A que se atopa na planta baixa está adaptada a minusválidos.
Cada unha das tres plantas da vivenda conta con espazos comúns. Unha delas serve de comedor e dispón dunha  lareira, a segunda ten unha sala de estar e a terceira conta cunha biblioteca.
No exterior, ademais dun rechamante hórreo, hai un alpendre para descansar ao aire libre, adornado con apeiros de labranza. A coidada decoración, con mobles rústicos e distintos deseños para cada habitación, é un dos aspectos máis rechamantes.
Ademais, ofrecemos almorzos completos nun agradable comedor con vistas ao xardín e se o tempo permíteo, tamén se poden gozar fóra.
Baixo petición previa, estes espazos tamén permiten gozar dunha exquisita cea con comida caseira realizada con produtos autóctonos.
A leira, de sete mil metros cadrados, dispón de grandes zonas axardinadas e dun amplo e coqueto soportal.
Situada nun burgo de baixa densidade de poboación como A Senra, Casa  do Mudo atópase nun espazo tranquilo e rodeada dunha preciosa contorna natural, con ríos próximos, fervenzas e muíños de auga. É unha zona ideal para a práctica de sendeirismo, o cicloturismo ou simplemente pasear e deleitarse coa natureza.

Tipos de servizos

Admite tarxetas de crédito
Biblioteca
Calefacción central
Cuartos con salón-suítes
Garaxe gratuíto
Internet / wifi en zonas comúns
Internet nos cuartos / wifi
Salón de convencións
Salón de estar
Secador de cabelo nos cuartos
Televisión nos cuartos

Réximes

Almorzo buffet
Cea

Tarxetas

Master Card
Red 6000
ServiRed
Visa
Arriba