CRUCEIRO DAS HERBAS

Etnográfico
657
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Dumbría (Santa Baia)

Lugar: Estimán

15151  Dumbría - A Coruña

Coordenadas:
43º 01' 06.6" N - 9º 06' 36.3" W

Descrición

Realizado en granito. Posúe cruz cuadrangular de brazos con chafráns e remates florenzados con botón central, coas imaxes de Cristo crucificado con tres cravos, a cabeza ergueita, mans pechadas, con coroa de espiñas, imaxe esculpida en baixorrelevo e pano de pureza anoado á dereita; e no reverso a Virxe en actitude de orar coas mans xuntas e unha Imaxe esculpida en baixorrelevo; capitel cúbico con salientes que simulan volutas; fuste circular; base cuadrangular que remata con chafráns; plataforma cuadrangular de tres graos.

En 2009 o temporal Klaus descabezou este cruceiro; foi restaurado en 2018.

Camiños de Santiago

Camiño de Fisterra-Muxía
Arriba