IGREXA PARROQUIAL DE SAN PEDRO DE MOR

Relixioso
606

Localización

Parroquia: San Pedro de Mor (San Pedro)

27775  Alfoz - Lugo

Coordenadas:
43º 31' 30.6" N - 7º 25' 18.6" W

Descrición

Consta dunha nave, cruceiro máis estreito, capela maior e sacristía detrás. Na porta principal lese unha inscrición que fai referencia á reconstrucción do templo no ano 1906. No centro da fachada elévase unha airosa torre de dous corpos. Dúas portas laterais con linteis aparecen en ámbolos dous muros da nave. No presbiterio atopamos un retablo moderno; no brazo dereito do cruceiro un primitivo retablo do século XVII, de estilo renacentista popular, pintado e dourado, con dous corpos. No brazo esquerdo hai un retablo de estilo rococó de dous corpos realizado en madeira sen policromía. 
Arriba