CRUCEIRO DA IGREXA DE OLVEIRA

Etnográfico
1113
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Olveira (San Martiño)

Lugar: Olveira

15151  Dumbría - A Coruña

Coordenadas:
42º 59' 24.5" N - 9º 01' 50.7" W

Descrición

Cruceiro de tipo crucifixo con plataforma cuadrangular de tres chanzos e pedestal cuadrangular achafranado na que vai acaroada unha mesa. O varal é cadrado con chafráns. O capitel é troncopiramidal invertido feito de formigón. A súa cruz é cuadrangular cos brazos achafranados e con botón central. Polo anverso da cruz presenta a Cristo Crucificado con catro cravos e as mans abertas. Inclina a cabeza cara á dereita cunha coroa de espiñas e unha cartela coas siglas INRI. O pano de pureza vai anoado á esquerda. Polo reverso da cruz fica a Virxe coroada en actitude de orar coas mans xuntas sobre unha peaña dun anxo con ás. Todo o cruceiro é de granito agás o capitel, que é de formigón.

Camiños de Santiago

Camiño de Fisterra-Muxía
Arriba